EASTER HOLIDAYS 🐣
Hi children!!! As we are on Easter holidays, I am going to send you some activities just to enjoy these days.
Ola a todxs, nenas e nenos, por fin xa estamos de VACACIÓNS de Pascua. Xa que este ano serán un pouco diferentes, e non temos a Pascua de Padrón e non podemos saír....😓.... Eu quero que sigades disfrutando igualmente destes días de descanso e deíxovos unha batería de cousiñas que podedes facer nestes días!!! ÁNIMO para tod@s!!! 💪💪💪
EASTER COOKING: podemos cociñar coa familia Easter food.
EASTER EGGS HUNT: Podedes facer unha búsqueda de ovos de chocolate na casiña ou na horta se tedes. Pedídelle aos vosos irmáns maiores ou pais que escondan os ovos, poden poñer pistas para atopalos. Let's go on an Easter egg hunt!!!
EASTER EGG DECORATION: Podedes decorar ovos de Pascua usando ovos de verdade, debuxalos, facelos de mentira....
EASTER CRAFTS: Tamén podedes facer outro tipo de manualidades relacionadas ca Pascua.
EASTER GAMES: Podedes xogar un pouquiño na tablet ou no computador a xogos de Pascua.
EASTER VIDEO: e como no cole non puxemos o video de como fan the bunnies (coelliños) the Easter eggs, aquí volo deixo.
Lembrade que tamén podedes facer otras cousiñas:
- Ver unha peli en familia comendo unhas palomitas como no cine.
- Ler o que máis vos guste.
- Axudar na cociña, non só cousiñas de Easter, calquera outra comida.
- Xogar ao que máis vos guste, tamén poden ser xogos familiares como parchís, oca, cartas....
- Facer exercicio como ioga, bailar, saltar...
- Observar e aprender do que vemos.
- Mirar as flores e, se podedes, o monte que xa se están poñendo ben bonitos.
- Durmir máis ou ata máis tarde.
- Soñar, tamén despertos.
- Deixar libre a vosa creatividade.
- Facer algún puzzle.
- Inventar algunha canción ou escribir algún poema.
- Perder o tempo ou non facer nada, incluso aburrídevos!!!! do aburrimento saen grandes ideas!!!
- .........
Facede o que queirades pero, sobre todo, non vos esquezades de ser FELICES e FACER FELICES aos que tedes ao voso lado, as vosas familias e a vós mesmos.
Lembrade que vos boto moitísimo de menos e que xa teño ganiñas de vervos, así que moitísimo ÁNIMO!!!! que xa prontiño volvemos estar xunt@s!!!! 💪💪💪
Coidádevos moitísimo e lembrade seguir Ficando na casiña!!!
Boas vacacións a tod@s!!!!
Biquiños de teacher Ana 😘😘😘
Ningún comentario:
Publicar un comentario