domingo, 7 de xuño de 2020

PLÁSTICA ARTS 6ºEP



SEMANA 8 - 12 XUÑO

Hi again guys!!! After been working so much all these weeks, we finally get the end!!!! I have to say that you have done a GREAT WORK, I am very proud of you!!!
You are all BRAVE!!!!

Ok, so let’s go fot the last task!!!! READY???? Well, this week we are going to make a present for Filip, do you remember him? I want you to draw a picture (totally free) or take a photograph of yourselves (like a selfie), writing your name and course on it. Then I willl make a presentation or a video for Filip, so he can remember all of you and also CPI Pontecesures School.
This week I need you to do the task as soon as possible and for the first time, I ask you to do it before Friday 12th, so I can send the presentation to Filip before he comes back to London.
And remember to send me the tasks to sorribasadg@gmail.com
THANKS FOR YOUR HELP!!!! HAVE A NICE SUMMER A HAPPY HOLIDAYS!!!

Ola a tod@s de novo!!! Logo de tanto e tanto traballar todas estas semaniñas nas casas, por fin chegamos ao final deste curso tan atípico, con todo o que vivimos e do que, creo aprendemos moito, esperemos...
Teño que felicitarvos polo voso traballo durante todo este tempo, fixéstelo XENIAL!!!!! Estou super orgullosa de tod@s vós!!! NORABOA!!! 
Sodes tod@s super traballadores/as e moi valentes!!!!
Pois ben, imos a pola última tarefa!!! Preparados??? Esta última semana imos facerlle un regaliño para Filip, acordádesvos del??? Tedes que facer un debuxo do que quirades ou facervos unha foto (coma un selfie, se queredes), despois tedes que escribir o nome e curso no debuxo ou na foto. Finalmente, eu con todos os traballos farei un vídeo ou unha presentación. Así terá un recordo de todos nós e tamén do noso cole.

Por primeira vez neste tempo, prégovos que entreguedes a tarefa o antes posible e como último día o venres 12, para que eu poida montar a presentación e entregarlla antes de que regrese a Londres, ok???
E lembrade, enviarme os traballos ao mail de sempre sorribasadg@gmail.com

GRAZAS INFINITAS AO ALUMNADO E FAMILIAS POLO VOSO TRABALLO, IMPLICACIÓN E AXUDA EN TODO MOMENTO!!!

DESÉXOVOS QUE PASEDES MOI BO VERÁN E UNHAS FELICES VACACIÓNS!!!! COIDÁDEVOS MOITÍSIMO E VÉMONOS Á VOLTA!!!

BICOS E APERTAS


SEMANA 1 - 5 XUÑO

Hi children!!!
Ready for a new challenge?
This week… I would like you to TAKE A PHOTO of a recognizable Pontecesures place trying to reflect the situation we are living.

ENJOY THE CHALLENGE!

Ola chic@s!!!
Preparados para un novo reto?
Esta semana queremos que fagades UNHA FOTO dun sitio recoñecible de Pontecesures (o porto, a plazuela, as rúas, ...) ou dalgún dos vosos monumentos (o coche de pedra, algún cruceiro...).
Intentade que a FOTO reflicta a SITUACIÓN que estamos a vivir en relación ao COVID-19 (xente con máscaras, comercios pechados, parques precintados...). O que se vos ocorra! Só hai que abrir ben os ollos! 😃
Podedes facelo algún dos días que saiades pasear ao longo desta semana. Deixade voar a vosa imaxinación e o voso espírito de fotógraf@s e facede todas as que queirades!!

Despois elixide a que máis vos guste, xa que SÓ SE PODE ENVIAR UNHA FOTO.

Antes de enviala pensade un TÍTULO ou PÉ DE FOTO que resuma o que queredes transmitir con ela, e lembrade enviarma.

GOZADE MOITO COA TAREFA!!!


SEMANA 25 - 29 MAIO


FILIP EXPLAINS THE TASK FOR YOU

Hi children!!!
Ready for a challenge this week???
This week… I would like you to make a TIC TAC TOE! You can do it alone or with your family. You do not have to buy anything, just look for different objects and materials you have at home and use them.
Remember to take a photograph and send it to me.
ENJOY THE CHALLENGE and HAVE FUN PLAYING WITH IT!


Ola chic@s!!!
Preparados para o reto desta semana????
Esta semana imos facer un TRES EN RAIA!
Podedes facelo sós ou coa vosa familia. Non tedes que mercar nada, trátase de usar as cousas que temos na casa para construír o xogo.
Temos que facer:
1.      As FICHAS dos dous tipos (pedras, tapóns, chapas, corchos, teas, plastilina...).
Ex. Pedras pintadas de dúas cores
2.      O TABOLEIRO: nunha cartolina, nun cartón, nun anaquiño de madeira, ...
pero tamén pode ser a bolsa ou caixa onde gardedes as fichas.
Deixade voar a vosa imaxinación e o voso espírito ‘reciclador’ 
Podedes decorar tanto as FICHAS como o TABOLEIRO como vós queirades, empregando a pintura ou recursos que teñades na casa.

Unha vez feito, sacádelle unha foto e lembrade mandarma!!!!

Gozade moito coa tarefa e xogando despois!!

Aquí tedes algúns exemplos:

WITH STONES (PEDRAS)



WITH BOTTLE CAPS (CHAPAS)


WITH BUTTONS (BOTÓNS)


 WITH PLASTIC CAPS (TAPÓNS DE PLÁSTICO)

WITH CORKS (CORCHOS) 

                     
WITH CLOTHING (TEA)


WITH PLAY DOUGH (PLASTILINA)


WITH PIPE CLEANER (LIMPAPIPAS)


OR WITH FOOD! (COMIDA)



SEMANA 18 - 22 MAIO



FILIP EXPLAINS THE TASK FOR YOU

Hi children!!!
Ready for a challenge this week???
Well this week, You do not have to draw anything, this week….I would like you to choose your favourite artwork (picture or sculpture) and recreate it. You can do it alone or with your family, you do not have to buy anything, just look for different objects, materials you need to recreate the artwork and use them, as we do in carnaval.
Remember take a photograph a send it to me writing the name of the artist and the artwork.

ENJOY THE CHALLENGE!!!

Ola chic@s!!!
Preparados para un reto esta semana????
Ben, esta semana non tedes que debuxar nada, o que tedes que facer esta semana é…..
Elixir a vosa obra de arte favorita (pode ser pintura ou escultura) e tedes que recreala!!!! UHHHHH DIVERSIÓN!!!! Podedes facelo sós ou coa vosa familia, non tedes que mercar nada, trátase de usar as cousas que temos na casa (roupas, obxectos, materiais….) para poder recreala. Un pouco como facemos en Entroido, non???
Despois, tedes que quitar unha foto e mandarma poñendo o nome do artista e a obra de arte que estades representando, ok??? A ver cantas diferentes facemos!!!!
Gozade moito coa tarefa!!!!












ENJOY!!!!


SEMANA 11 - 15 MAIO

FILIP EXPLAINS THE TASK FOR YOU



Hi children!!!
Ready for a new task ???
Do you know what we celebrate this week?
Yes!!! great!!! We celebrate the "Letras Galegas" during this week, and I would like you
to draw a POSTER with the letters of Ricardo Carvalho Calero, as we did during the first
term at the school, do you remember it?. You have to use 3D letters as we did with Filip.
Feel free to decide how to do it. You can use different materials (card, paper, plastic, crayons, coloured pencils, oil pastels,
markers, watercolours, paint...)


Just ENJOY and BE CREATIVE!!!

Ola chic@s!!!!
Preparad@s para unha nova tarefa???
Sabedes que celebramos esta semana?
Moi ben, exacto!!! celebramos as Letras Galegas!!!!
O autor homenaxeado neste ano 2020 é Ricardo Carvalho Calero.
Ben, imos aproveitar as técnicas que aprendimos con Filip no primeiro trimestre,
para facer un cartel co seu nome. Usade as letras en 3D, e xa que o nome é moi longo,
facede só os apelidos CARVALHO CALERO, que ademais, é como lle coñece todo o mundo.
Sodes libres para usar os materiais que queirades (cartulina, papel, plástico, lápices de cores,
ceras, manley, acuarelas, témperas....)


Só deixade a vosa creatividade voar e disfrutade a tope!!!

Deíxovos algúns exemplos de letras en 3D


Podedes usar unha folla con cuadrícula para poder seguir os cadriños





SEMANA 5 - 8 MAIO

Hi children, ready to start a new month??? We have a new and easy task for this week.
I would like you to show me in a picture or a photograph something related to SPRING.
Things, objects, plants, animals... you've seen throughout the first week that you went out.


Ola chic@s, como imos??? preparados para empezar un mes novo???
Ben, temos unha nova actividade, moi sinxeliña, para esta semana que é un pouquiño máis corta, coma a anterior.
Tedes que facer un debuxo ou unha fotografía relacionada ca primavera, é dicir, algo que víchedes estes días nos que xa puideste saír a pasear á calle e que represente para vós a primavera.
Xa que non podemos colgar un mural no cole, farémolo no blog, que vos parece???
Non vos deixo ningún exemplo, cada un/unha que pense o que mais lle gustou ver na semana pasada no campo, nas calles... pero sempre relacionado ca PRIMAVERA.

ÁNIMO e a fotografar, debuxar, pintar…. a vosa PRIMAVERA!!!!


SEMANA 27 - 30 ABRIL



FILIP EXPLAINS THE TASK FOR YOU!!!

Hi children!! 
Profe Andrea and I (music and arts) have a new task for this week. We are going to make a new craft… a MUSICAL INSTRUMENT!
Feel free to decide how to do it. You can use different recycling materials: card, plastic, paper… or anything you don´t use at home.
Then you can decorate it with crayons, colour pencils, oil pastels, markers, watercolours, stickers, paint... It's up to you!!!


Just BE CREATIVE and ENJOY yourselves!!!!



Ola a tod@s! 
A profe Andrea máis eu xuntámos esta semana as dúas materias para pedirvos unha nova tarefa (musica máis plástica)
Imos construír un INSTRUMENTO MUSICAL!
Podedes facelo como máis vos guste e usar o material de refugallo que queirades: cartón, plástico, papel... ou calquera cousa que teñas na casa e que xa non precises.
Despois podedes pintalo e decoralo con: ceras, ‘manley’, rotuladores, lápices de cores, témperas, acuarelas, pegatinas.... como queirades, liberdade total!!!
Sede MOI CREATIVOS e DESFRUTADE moito facendo o voso instrumento musical.


Non vos esquezades de mandar unha foto a: 
sorribasadg@gmail.com (teacher Ana)


Nas seguintes páxinas tedes uns exemplos de instrumentos musicais por se alguén necesita algunha axuda ou idea

INSTRUMENTOS PARA GOLPEAR


TAMBOR (drum)


Cunha maceta vella podes facer a estrutura do tambor e cun globo a ‘membrana de pel’ para golpear. Para atar a membrana á maceta podes empregar unha goma ou un cordón fino. 




Se non atopas unha maceta podes facelo cunha lata de conservas.

Anímate a facer tamén unhas BAQUETAS para tocar o teu tambor.
CASTAÑOLAS (castanets)
Pegando dúas chapas ou dous tapóns de brik nun cartón. 

LÁTEGO
Unindo dous listóns de madeira cunha bisagra. Precisarás axuda dun adulto. 

INSTRUMENTOS PARA SACUDIR
MARACAS (maraca)
Enchendo calquer envase baleiro con arroz ou legumes. Poden ser de todos os tamaños: pequeniñas (usando o ‘oviño amarelo’ do ‘ovo kinder’), medianas (cun envase de ‘actimel’) ou grandes (cunha botella de plástico ou un tetrabrick).

Podes usar culleres de plástico para facer o mango das maracas.

PAU DE CHOIVA
Clavando puntas en espiral ao longo dun tubo de cartón e enchéndoo con arroz ou legumes. Se non tes un tubo longo podes unir 3 tubos de papel hixiénico.



INSTRUMENTOS PARA GOLPEAR E SACUDIR
PANDEIRETA (tambourine)
Cosendo cun fío gordo (no que vaias colgando cascabeis ou algo que faga ruido) o perímetro dun prato de cartón.

INSTRUMENTOS PARA SOPRAR
TROMPA (horn)
Colocando nos extremos dun tubo flexible (dos que levan os cables da luz) un funíl e un ‘matasogras’. Podes enroscar o tubo como se fose unha trompa para que sexa máis manexable. 







FRAUTA DE PAN (flute)
Cortando canas, tubos o palliñas de plástico de diferentes lonxitudes e uníndoas.

INSTRUMENTOS PARA PUNTEAR
CÍTARA OU ARPA (zither or harp)
Colocando unhas gomas nunha estrutura de cartón ou corcho. 

MÁIS IDEAS:


SEMANA 20 - 24 ABRIL

Hi pupils!!! We have a new task for this week. Do you know what we celebrate this week?? yes!!! It's the INTERNATIONAL BOOK DAY!!!! To celebrate this special day, I would like you to make a craft... a BOOKMARK. Feel free to decide how to do it. You can use different materials: paper, construction paper, recycling materials, crayons, colour pencils, oil pastels, markers, watercolours, paint, glue, scissors, stickers.... It's up to you!!!

Just BE CREATIVE  and ENJOY yourselves!!!!

Ola nenas e nenos!!! preparados para unha nova tarefa??? sabedes que celebramos esta semana??? Pois si!!!! O DÍA DO LIBRO  📕📗📘📘📙📚 !!!! moi ben!!! 
Para conmemorar dito día imos facer unha manualidade ben chula. Tedes que facer un  MARCAPÁXINAS para poder usalo despois nos vosos libros de lectura. Podedes facelo como mais vos guste e usar o material que queirades: papel, cartulina, materiais de refugallo, ceras, manley, rotuladores, lápices de cores, témperas, acuarelas, tesoiras, pegamento, pegatinas.... como queirades, liberdade total!!!

Lembrade ser MOI CREATIVOS e sobre todo DISFRUTAR moito facendo o voso marcapáxinas, e non vos esquezades de mandar unha foto 😊!!!

Deíxovos uns exemplos de marcapáxinas por si alguén necesita algunha axuda ou idea.








SEMANA 13 - 17 ABRIL

Hi children!!!! It's time to come back to school!!! well this week I would like to finish the "Faraway Landscapes Project". You have to make a Bookmark using cardboard and colour pencils, crayons, oil pastels, paint... 
Instructions: 

1.- Cut a sheet of white paper or cardboard in half vertically. Use one side to cut out landforms.
2.- Choose a colour for the landforms and paint the one at the front. Paint the others lighter a with less saturation.
3.- Paint the sky on top of the other half of the card with a light tint. Add more white and paint a sun or a moon.
4.- Outline each of the landforms with a black marker.
5.- Glue the landforms in order, starting withthe background.

Be creative!!! 

Ola nenas e nenos!!! preparados para volver ao traballo??? seguro que si. Ben, esta semana gustaríame rematar o proxecto de "Faraway Landscapes". A idea é facer un marcapáxinas usando papel ou cartulina brancos e lápices de cores, ceras, manley ou témpera...

Instrucións:

1.- Corta un papel ou catulina á mitade verticalmente. Usa unha mitade para facer e cortar o relieve do debuxo (árbores diante, montañas, máis montañas ou casas, ceo e lua ou sol no ceo).
2.- Elixe unha cor para os diferentes relieves e pinta o primeiro o máis oscuro posible (árbores se son os primeiros), despois pinta os demais con menor saturación de cor, é dicir, cada vez máis clariño, pero sempre ca misma tonalidade, isto xa o traballaramos na clase. Lembrade maior saturación quere dicir cor máis oscura, misturando con negro. Menor saturación quere dicir cor máis clariña, misturando con branco.
3.- Pinta o ceo na mitade que quedou sen cortar coa cor máis clariña de todas. Podes engadirlle unha lua ou sol por enriba.
4.- Repasa cada peza do relieve cun rotulador negro.
5.- Pega os relieves en orden empezando polo ultimo, é dicir, primeiro a mitade sen recortar, despois as montañas, as outras montañas máis cercanas ou casas, as árbores pegaríanse de últimas para quedar as primeiras no debuxo, doutra maneira non se verían.

Sede tan creativos coma sempre, ARTISTAS!!!






SEMANA 30 - 3 ABRIL

Hi children!!! this week you don't have to make a curricular activity, instead of this, you will have to make a beatiful picture to cheer all the people up. Then, please, send me a photograph and I will make a video with all of them. You can add a message to the picture cheering everybody up!!!

Ola nenas e nenos, esta semana non vos vou mandar nada curricular. Esta semana, tedes que facer un debuxo ben bonito que sirva para animar a todo o mundo, para nós, para as nosas familias, para os que estamos na casa, nos hospitais, para os que saen a traballar.... para todos, materiais libres, cada un como queira. Creatividade!!!. Se queredes, tamén podedes engadirlles mensaxes de ánimo. Lembrádevos  enviarme unha foto xa que con todas as que me mandedes farei un video, e polo tanto non as colgarei coma estas dúas semanas. Colgarei o vídeo directamente. Se aparecen as cariñas dos nenxs tedes que dicirme se me autorizades ou non para que saian no vídeo, senón as recortarei. 
Moitísimas grazas chicxs e familias. Moito ánimo e a facer uns debuxos ben bonitos!!!.
Deíxovos de novo o mail para que me mandedes as fotos.

sorribasadg@gmail.com


SEMANA 23 - 27 MARZO

Hi children!!! this week you have to make a landscape craft using pieces of paper or other materials. Try to create contrast in the distance. You can also use colours to create the contrast.

Ola a todxs! esta semana tedes que facer unha manualidade dun paisaxe usando papeis de reciclaxe ou outros materiais. Tedes que intentar crear contraste e darlle sensación de profundidade. Tamén podedes xogar cas cores para conseguir dito efecto. Creatividade a tope!!!

Lembrade facerlle unha foto e mandarma ao mail que teño posto no blog!!! 

Biquiños a todxs, a traballar moito e ficar na casiña!!!

Deíxovos algúns exemplos.





SEMANA 16 - 20 MARZO




Choose one of these landscapes. Colour it and show less texture and contrast in the distance. (Elixe un dos debuxos dos enlaces. Coloréao e dalle menos textura e contraste no fondo. 

3 comentarios:

  1. Lo hay que descargar, o lo hacemos en un folio y te lo traemos?

    ResponderEliminar
  2. Hay que descargarlo o dibujar lo en un folio???

    ResponderEliminar
  3. Podedes imprimilos ou debuxalos vós mesmos, como queirades. Xa que non mo podedes dar agora, o que si que podedes facer é enviar unha foto co traballo feito ao meu mail (sorribasadg@gmail.com) ou ben escanealo se tedes escaner. Se non é posible ningunha das duas opcións, entón, á volta mo entregades en man. Saúdos.

    ResponderEliminar